EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Xuntanza en Matosinhos (Portugal) do Grupo de Educación do Eixo Atlántico

12/12/2017 A Cámara Municipal de Matosinhos (Portugal) acolleu unha reunión do Grupo de Educación do Eixo Atlántico, que preside o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.

Na reunión presentouse o programa da capitalidade cultural da cidade lusa de Santa María da Feira 2018, así coma o calendario da 12ª Bienal de Cultura do Eixo Atlántico. Tamén se deu conta dos detalles da 6ª Mostra Musical, que se celebrará os días 5 e 6 de maio en Vila Real (Portugal), e avanzouse no traballo do programa de intercambios escolares.

A sesión foi inaugurada pola presidenta da Cámara Municipal de Matosinhos, Luisa Salgueiro, e polo secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao. Logo, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, en calidade de presidente do Grupo de Educación do Eixo, ordenou os debates da orde do día.

Compartir: