ALCALDÍA

O alcalde reúnese coa Plataforma de Afectados pola Canteira de Miramontes

04/12/2017 O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia mantiveron hoxe unha xuntanza coa Plataforma de Afectados pola Canteira de Miramontes. Foi unha reunión na que Martiño Noriega e Xan Duro se comprometeron a seguir recollendo as reivindicacións da veciñanza da Grixoa e a mediar para que se vexan satisfeitas.

O alcalde e o concelleiro informaron á Plataforma dos pasos que foi dando o Concello ata o de agora para lograr que se solucionen os problemas derivados da canteira, que conta con autorización por parte da Xunta de Galicia.

Tamén deron conta dos informes encargados polo Goberno local, que ratifican que as instalacións producen cheiros e vertidos e orixinaron unha superpoboación de gaivotas na zona. Os dos estudos fóronlles trasladados xa á Consellería de Medio Ambiente.

Compartir: