EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Manuel Dios participou nun encontro de centros de ensino medio para coñecer as novidades universitarias

17/10/2017 Preto dun cento de equipos directivos e de orientación de numerosos centros de ensino medio de Galicia reuníronse este martes en Santiago con responsables da USC. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou nesta xuntanza, presidida polo reitor da USC, Juan Viaño, e organizada polo programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, que este curso cumpre xa 14 anos.

Na xuntanza tratáronse temas de importancia para o estudantado que cursa o último ano de ensino secundario, como son as visitas aos centros (Encontros na USC), máis de cen charlas temáticas divulgativas a cargo de persoal investigador e de servizos, programas de bolsas e axudas, titulacións e probas de acceso á universidade. Aproveitando os 30 anos da existencia do programa Erasmus, houbo ademais unha charla sobre a mobilidade do estudantado.

Compartir: