DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Santiago participará no Congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local"

13/10/2017 A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, presentou este venres o congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local", que terá lugar os días 16 e 17 de novembro en Madrid e no que o Concello de Santiago participa na mesa "Aplicación dos novos modelos económicos ao ámbito local". O Congreso está dirixido a todas as entidades e profesionais que traballan por e para o desenvolvemento local, dende o ámbito público e privado, co obxectivo de analizar tendencias e compartir coñecemento e experiencias que se están a realizar nos municipios e comarcas participantes.

Será un espazo de encontro único para a inspiración, o networking e o coñecemento no que se coñecerán os desafíos globais do futuro, afondando e debullando os principais temas que ocupan hoxe aos territorios:

• O emprego e o emprendemento responsable: no contexto da globalización, a innovación tecnolóxica e o envellecemento poboacional.

• Instrumentos para favorecer o desenvolvemento local en clave de sostibilidade: a xestión de polígonos industriais, o patrimonio industrial e cultural, o territorio como recurso turístico.

• A nova economía e a innovación social: un novo paradigma está emerxendo. Unha economía que non se enfoca só no mercado, senón que se basea nun sistema social e ecolóxico.

• As estratexias de desenvolvemento territorial: a aproximación á especialización intelixente dende o territorio.

O Congreso contará con persoas expertas de primeiro nivel nestas áreas, como a investigadora Miren Estensoro García ou Carlos Trías, conselleiro do Comité Económico e Social Europeo; e con algunhas das experiencias máis interesantes que se están a desenvolver neste momentos. E tamén espazos de descanso, café e encontro entre as persoas participantes. A inscrición pode realizarse na web do evento www.condesarrollolocal.com, onde está dispoñible toda a información do mesmo.

REDEL
No documento base para a constitución de REDEL, esta defínese coma unha rede de entidades expertas en desenvolvemento local que traballa para a mellora continua das organizacións a través da reflexión, da xestión do coñecemento e da colaboración, buscando o recoñecemento e a posta en valor a nivel técnico e político do desenvolvemento local e a súa proxección a nivel internacional.

O obxectivo de REDEL é reflexionar sobre aspectos clave no desenvolvemento local como políticas económicas e industriais, competitividade, innovación, coñecemento, políticas activas de emprego, inserción laboral, etc., para construír un modelo dende unha identidade común. REDEL tamén se configura como un instrumento para exercer influencia ante entidades públicas e privadas coa finalidade de impulsar o desenvolvemento local e comarcal; deseñar, desenvolver e executar proxectos; e intercambiar experiencias e coñecementos para innovar e incrementar a eficacia das entidades locais.

O Concello de Santiago, a través da Oficina de Promoción Económica, é o único participante galego no grupo. Os outros membros do grupo son: Móstoles Desarrollo, Promálaga, Centro de Iniciativas Municipales de Murcia, Valencia Emprende, Barcelona Activa, Àrea de Desenvolupament Econòmic i Ocupació da Diputación de Barcelona, Asociación Vasca de Agencias de Desarrollo, Getafe Iniciativas, ImpulsAlicante, Instituto Leonés de Desarrollo Económico, Formación y Empleo, Instituto Municipal de Desarrollo y Empleo de Córdoba, PalmaActiva, Ayuntamiento de Medina del Campo e a Sociedad

Direcciones relacionadas



Compartir: