ALCALDÍA

Martiño Noriega participa no Día do Camiño Primitivo nas festas do San Froilán

11/10/2017 O alcalde de Santiago participou este mediodía en Lugo na celebración do Día do Camiño Primitivo nas festas do San Froilán. Martiño Noriega aproveitou os actos para reivindicar a importancia desta ruta, que "é o comezo de todo o fenómeno xacobeo".

Martiño Noriega acompañou á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no descubrimento dunha das trinta placas que forman parte do proxecto impulsado pola fundación estadounidense International Solidarity for Human Rights (ISHR) para converter o Camiño Primitivo na Ruta dos Dereitos Humanos. Cada unha das placas recolle un dos artigos da Declaración Universal de 1948.

Tras ese descubrimento, o alcalde compostelán e a rexedora de Lugo percorreron un tramo do Camiño Primitivo, antes de visitar as tradicionais casetas do San Froilán.

Compartir: