POLÍTICAS SOCIAIS

Publicadas as listaxes provisionais de bolsas de comedor, actividades extraescolares, material escolar ou conciliación para o curso 2017/2018

11/10/2017 A Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos vén de facer pública a resolución provisional da convocatoria de bolsas de comedor, actividades extraescolares, material escolar ou conciliación para o curso 2017/18. A resolución está composta por dúas listaxes: a das bolsas por escaseza de recursos e a das bolsas por conciliación.

As listaxes poden ser consultadas a través da web municipal e dos taboleiros de edictos do Concello. A documentación tamén foi remitida por correo electrónico aos colexios, ANPAS e entidades colaboradoras.

O prazo para a presentación de reclamacións será de 10 días contados dende o día seguinte ao día desta publicación, rematando o 25 de outubro.

Compartir: