CONVIVENCIA

O concelleiro de Convivencia recoñece a traxectoria do xefe da Policía Local, condecorado no día de hoxe

02/10/2017 O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, salientou hoxe a labor do Xefe da Policía Local de Compostela, Xosé Manuel Traba, a quen hoxe recoñeceu a Policía Nacional no día do seu patrón.

Xan Duro fixo fincapé no "traballo feito durante anos por Traba e na súa disposición para arranxar os problemas que acontecen no día a día".

Contra a violencia de xenero
Ademais, o concelleiro afirmou sentirse "orgulloso da axente da Policía Nacional que, estando fóra de servizo, actuou fronte a unha agresión machista na nosa cidade, e evitou danos irreparables".

Compartir: