CONSORCIO
Os asistentes gozarán ademais de parte da Música acuática de Haendel (1685-1759). Estreouse no verán de 1717 por petición do rei Jorge I para ser interpretada sobre o río Támesis. O concerto foi ofrecido por cincuenta músicos nunha barcaza que navegaba preto da embarcación do rei e dise que este quedou tan compracido que tivo que interpretarse tres veces durante a travesía polo río.
Na nave 5 da Praza de Abastos soará tamén parte da Música acuática composta por Haendel.
A Real Filharmonía celebra esta semana tres concertos nos centros socioculturais e un na Praza de Abastos
11/09/2017 A Real Filharmonía de Galicia vai celebrar esta semana tres concertos nos centros
socioculturais de Santa Marta, Vite e Fontiñas e un na Praza de Abastos. Estas actuacións, que serán gratuítas ata completar o aforo, buscan achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. As citas serán o mércores 13 en Santa Marta (Sala Agustín Magán), o xoves 14 en Vite e o venres 15 en Fontiñas, todas elas ás 20:00 horas. Ademais, o venres, ás 13:00 horas, a nave 5 da Praza de Abastos acollerá un concerto da agrupación.