MOBILIDADE

Entran en vigor este luns os horarios de inverno no transporte urbano

07/09/2017 O luns 11 de setembro entrarán en en vigor os horarios de inverno no servizo de transporte urbano. Non hai modificacións substanciais respecto á pasada tempada de inverno, salvo a da liña 6, motivada polas obras que se están a realizar na ponte de San Lázaro.

A devandita liña 6 modificará lixeiramente a súa frecuencia e os seus horarios de prolongacións mentres duren as obras. Adxúntase o enlace aos horarios de saídas completos desta liña que funcionarán a partir do luns 11 de setembro.

Pódese consultar toda a información na web de Tussa. Ademais, editaranse folletos informativos que estarán a disposición de usuarias e usuarios nos propios autobuses a partir desta fin de semana.

Cómpre lembrar tamén que os usuarios e usuarias contan coa aplicación móbil maisbus, así como co teléfono de información do transporte urbano, 901 120 054, os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo. Aquí pódense consultar os horarios, as rutas e os tempos estivados de espera nunha parada determinada. igualmente, están dispoñibles os perfís de Twitter e Facebook.

Direcciones relacionadas



Compartir: