ALCALDÍA

O alcalde recibiu o embaixador de Malta

07/09/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu este xoves o embaixador de Malta, Mark Antoni Micallef.

O diplomático asistirá esta tarde ao concerto que unha prestixiosa agrupación maltesa, a St. Paul’s Choral Society, ofrecerá no mosteiro de San Martiño Pinario. Será ás 21:00 horas, dentro do ciclo Peregrinos polo Camiño da Música.

Compartir: