CENTROS SOCIOCULTURAIS

A sustentabilidade será o eixe temático da XXXI Semana Cultural de Conxo

04/09/2017 A XXXI Semana Cultural de Conxo foi presentada este luns pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e polo técnico do CSC de Conxo, Xulio Noya. Esta edición comeza o día 5 e remata o 9 de setembro. Ademais, ata o día 26 de setembro, haberá unha exposición sobre comercio xusto organizada por Panxea.

O eixe da XXXI Semana Cultural de Conxo será a sustentabilidade. Por iso as actividades buscan a participación activa da veciñanza.

Entre as propostas inclúense a creación dunha horta urbana, participación en xogos na praza do CSC de Conxo e rutas ciclistas. Tamén haberá conferencias como as do biólogo Xurxo Mariño ou a de Miguel Pardellas, experto en medio ambiente, sobre educación ambiental.

A concelleira Concha Fernández destacou os 31 anos desta Semana Cultural de Conxo e, sobre a temática desta edición, valorou que se faga fincapé na creación e consumo de recursos propios.

Pola súa parte, Xulio Noya, técnico do CSC de Conxo, avaliou a participación veciñal como positiva. Salientou tamén as achegas das novas xeracións á participación dentro da vida comunitaria. Aínda así, espera que se anime a participar moita máis xente.

Para a participación nos obradoiros haberá que apuntarse con antelación a través da web www.santiagosociocultural.org.

Direccións relacionadas



Compartir: