CONVIVENCIA

Descende o número de infraccións durante a campaña de control de velocidade en agosto

01/09/2017 Os controis de velocidade realizados pola Policía Local de Santiago entre o 21 e o 27 de agosto, no marco da campaña da DXT, constataron un descenso no número de infraccións en relación á campaña do pasado ano por estas datas.

O descenso de denuncias é xeralizado, tanto en vías urbanas como nas travesías. Así, no caso das vías urbanas, a porcentaxe de sancionados descendeu ao 0,25% do total de controis, mentres que, en travesías, esta porcentaxe situouse no 0,72%.

Nesta campaña controláronse 116.281 vehículos, dos que foron denunciados 167, un 0,14% do total. Uns 3.664 foron vehículos foron controlados con radar móbil, sendo denunciados 61 condutores, un 1,67%. O radar do túnel do Hórreo controlou 112.637 motorizados, denunciando 106, isto é, o 0,09%.

Compartir: