XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o proxecto de restauración do itinerario fluvial do Sarela

01/09/2017 A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de restauración e mellora do itinerario fluvial De ponte a ponte polo río Sarela. A actuación, que será executada grazas ao convenio asinado polo Concello e o Consorcio, conta cun orzamento de licitación de preto de 90.000 euros, e un prazo de execución de tres meses.

O alcalde, Martiño Noriega, lembrou que o itinerario fluvial fora acondicionado hai case dez anos, "pero dende entón non tivo o mantemento necesario e non se atopa en boas condicións a día de hoxe". O proxecto aprobado contempla a renovación dos pavimentos existentes, a mellora sa sinalización e a reparación das pontes do río. Tamén se limpará o mobiliario do tramo e substituirase o que se atope máis deteriorado

Cruceiro da Coruña
Na Xunta de Goberno tamén se aprobou o proxecto técnico de rexeneración do pavimento da calzada da vía de servizo da avenida do Cruceiro da Coruña, na marxe este. A actuación terá un orzamento máximo de licitación de case 253.000 euros e un prazo de execución de tres meses.

Estas obras completan a mellora dos viarios de servicio do Cruceiro da Coruña, despois de que a finais de 2016 se reparara o vieiro da marxe oeste. Daquela investíranse na actuación preto de 150.000 euros.

Na súa reunión de hoxe, o Goberno tamén acordou prorrogar o contrato asinado coa empresa Arumia S.L para a prestación do servizo de desratización no termo municipal. A prórroga será por dous anos.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: