SAÚDE

Concha Fernández recibe dous ciclistas tras realizar o Camiño para concienciar sobre o Alzheimer

29/08/2017 A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Concha Fernández, recibiu os xornalistas Antonio Ortín e Alejandro Hurtado, que finalizaron o Camiño de Santiago en bicicleta, co obxectivo de concienciar sobre o Alzheimer. Os dous recolleron datos para un libro sobre esta doenza que sairá no Nadal.

Os xornalistas malagueños Antonio Ortín e Alejandro Hurtado percorreron dende Salamanca o Camiño de Santiago en bicicleta, parando polas asociacións familiares de doentes de Alzheimer.

O desexo de Ortín e Hurtado é "concienciar sobre o impacto do Alzheimer, que lle pode pasar a calquera, non só a persoas maiores". A finalidade desta recollida de testemuños é elaborar un libro co apoio da Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer (AFA) de Málaga. Este documento sairá previsiblemente no Nadal.

Ademais da concelleira Concha Fernández, tamén estiveron presentes representantes da Asociación Galega de Enfermos de Alzheimer (Agadea) e da Federación Alzheimer de Galicia (Fagal).

As vendas do libro fotográfico que elaborarán Antonio Ortín e Alejandro Hurtado serán destinadas á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Málaga.

Compartir: