CONVIVENCIA E MOBILIDADE

As obras do paso superior sobre a AP-9 en San Lázaro obrigarán a desviar o tráfico rodado e peonil durante varios meses

14/08/2017 As obras de ampliación do tramo Santiago Norte-Santiago Sur da autopista AP-9 inclúen a eliminación da ponte existente sobre a autopista ao seu paso por San Lázaro e a posterior construción dunha nova. Estas obras obrigarán, a partir do vindeiro xoves, 17 de agosto, a desviar o tráfico rodado e tamén aos peregrinos que utilizan ese tramo do Camiño.

Os cambios previstos son os seguintes:

- Os vehículos deberán utilizar prioritariamente a autovía AG-54, sendo a utilización desta vía obrigatoria para os vehículos pesados.

- Alternativamente, a circulación, tanto de baixada como de subida, poderá desviarse pola rúa do San Martiño (Hotel Los Abetos) e rúa das Estrelas (vía paralela ao Monte do Gozo), pasando polo novo paso inferior da AP-9, para incorporarse de novo os vehículos á rúa de San Lázaro pola rúa de Miguel Ferro Caaveiro.

- A liña 6 do transporte urbano e a liña ao aeroporto farán este percorrido tanto de subida como de baixada.

Camiño de Santiago
Este corte tamén afecta a un tramo do Camiño de Santiago, polo que os/as peregrinos/as serán desviados polo Monte do Gozo cara a rúa das Estrelas e dende aquí dirixiranse ata a rúa de Fernando Casas Novoa, para incorporarse de novo ao Camiño en San Lázaro pola rúa de Miguel Ferro Caaveiro.

Estas obras están programadas en principio ata final de ano. De xeito simultáneo, tamén permanecerá cortada ao tráfico a ponte sobre a AP-9 que conecta a Granxa de San Lázaro con Amio.

Direcciones relacionadas



Compartir: