ALCALDÍA

Recepción aos participantes na LX edición do Curso "Música en Compostela"

10/08/2017 A alcaldesa en funcións, María Rozas, e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi os/as participantes na LX edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra do 6 ao 19 de agosto. Nesta edición participan preto de 100 alumnos e alumnas procedentes de países como Arxentina, Bulgaria, Bélxica, Costa Rica, Corea, España, EE.UU., Xapón, Hungría, Honduras, Portugal, Romanía, Perú, Venezuela ou Rusia.

A recepción en Raxoi coincide coa quinta xornada de curso, que está dedicada aos mestres Andrés Segovia e Federico Mompou con motivo do XXX aniversario do seu falecemento.

María Rozas, quen tamén asistiu á inauguración do curso o pasado domingo, deulles a benvida de novo a Compostela e ao Pazo de Raxoi e lembrou a conexión da cidade coa música, que está presente practicamente todos os días do ano.

Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso Internacional Música en Compostela ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Un exemplo destes son os dous concertos nesta edición da Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave, no Auditorio de Galicia.

Compartir: