EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Programa de Conciliación de Verán volve en setembro con máis actividades

07/08/2017 O Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017 rematou a súa quenda de xullo cunha xornada de actividades no Parque Eugenio Granell. As Escolas de Verán volven en setembro, con actividades os días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 do devandito mes.

Os nenos e nenas participantes remataron a quenda de xullo cunha saída ao Parque Eugenio Granell. Realizaron unha ruta para coñecer unha das maiores zonas verdes de Compostela e divertíronse participando en diferentes xogos tradicionais. Ademais, tiveron a oportunidade de comer todos xuntos no mesmo parque.

Durante a semana anterior, os rapaces e rapazas fixeron actividades ao redor dunha temática medioambiental e do coidado e o respecto do entorno natural que nos rodea. Entre outras actividades, realizaron unha ximkana de reciclaxe, un móbil sobre a nosa fauna e un obradoiro de agricultura ecolóxica.

Compartir: