URBANISMO

A revisión do Plan xeral de ordenación municipal xa pode ser consultada nesta web

13/12/2006 O documento revisado de aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) xa pode ser consultado na páxina web do Concello de Santiago. Un enlace no portal municipal leva directamente aos contidos do Plan, unha vez integradas as alegacións aprobadas. O documento revisado foi aprobado polo Pleno municipal o día 26 de outubro de 2006 e remitiuse á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para a súa aprobación definitiva.

Os contidos estrutúranse en dúas partes. Por un lado, reflíctense toda a normativa e os planos, tanto da estrutura xeral, como de ordenación urbanística e de xestión urbanística. Isto complétase cunha sección de descarga de documentos con información complementaria: estudo de sostibilidade ambiental, estudio do medio rural, estudio económico-financeiro, ficheiros dos núcleos, memorias de ordenación e normativas.

Compartir: