EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Seguen as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Verán

27/07/2017 O Programa Municipal de Conciliación Escolas de Veran 2017 continúa co seu calendario de actividades. Na semana do 17 ao 21 de xullo, os nenos e nenas descubriron Santiago de Compostela cos ollos dun peregrino.

Acompañados polo Monxe – Peregrino da Quintana, os rapaces e rapazas coñeceron diferentes lugares da cidade cheos de contidos culturais, aprendendo a valorar o seu entorno máis próximo. Así, tiveron a oportunidade de resolver o misterio da desaparición do Códice Calixtino, buscaron un monxe en San Martín Pinario, elaboraron tartas de Santiago nun obradoiro de cociña e convertéronse en artesáns creando o seu propio recordo de Compostela. Remataron a semana cunha peregrinación polo último tramo do Camiño ata chegar ao Obradoiro, realizando unha ximkana fotográfica nos diferentes lugares polos que pasaron.

Compartir: