EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Programa Municipal de Conciliación de Verán 2017

20/06/2017 O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago realiza un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións do verán 2017 (xuño-xullo e setembro). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raiña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.

Os solicitantes terán que cubrir a solicitude e entregala no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16).

Compartir: