PATRIMONIO

Ser seguidor das Cidades Patrimonio nas redes sociais pode ter premio este verán

18/07/2017 Este verán, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade quere dar aos seus seguidores a posibilidade de gañar unha noite nun Parador das Cidades Patrimonio a través de dúas accións en redes sociais. Unha delas pretende que os/as seguidores animen a novos amigos/as a coñecer as Cidades e outra que difundan as fotos das súas estancias nas Cidades durante o verán.

Para participar na iniciativa "Comparte cos teus amig@s Cidades Patrimonio", só hai que facerse fan das redes sociais do Grupo Cidades Patrimonio, compartir a publicación (retuitear no caso de Twitter) e nomear a cinco amigos para que as coñezan en Facebook ou Twitter. Realizarase un sinxelo sorteo entre os/as participantes.

"Mi verano en Ciudades Patrimonio"
Para participar en "O meu verán en Cidades Patrimonio", os/as interesados/as deberán subir ao seu perfil de Instagram unha foto de verán dunha das Cidades Patrimonio españolas utilizando o hastag #veranopatrimonio e etiquetar nela a tres amigos. Unha vez finalizado o prazo de participación, un xurado composto pola Comisión de Turismo do GCPHE elixirá a foto gañadora.

Premio
En cada caso, o gañador ou gañadora obterá como premio unha noite de aloxamento en habitación dobre en AD nun dos Paradores de Turismo das Cidades Patrimonio.

Esta campaña enmárcase na liña de colaboración que Paradores e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España iniciaron en 2010 e que, tras a renovación do convenio en FITUR en xaneiro deste ano, permite que ambas as entidades desenvolvan accións para o fomento do turismo cultural e a difusión do patrimonio das 15 cidades a través principalmente da organización de viaxes de familiarización para periodistas e turoperadores, concursos e campañas de marketing e promocións e ofertas para o público.

Compartir: