FESTAS

O Circompostela 2017, o cine ao aire libre e o último concerto de Terra da Fraternidade marcan a quinta xornada do Apóstolo

17/07/2017 A quinta xornada de festas do Apóstolo, este martes 18 de xullo, levará a música, o circo e o cine a diversos recunchos da cidade.

As actividades comezarán ás 19:00 horas co programa Artellando nos barrios e nos recunchos, que achegará a Fontiñas, Vite e San Fiz de Solovio tres actividades distintas. O CSC de Vite acolle o Estamos no verán, de Xoán Curiel, e Área Central a proposta Corococó, da contacontos Raquel Queizás. Xa as 21:00 horas, a praza de San Fiz de Solovio é o lugar elixido para a percusión, a electrónica e a arte visual sincronizada de Roberto Oliveria.

O Club dos Poetas Mortos
O Club dos Poetas Mortos é un dos filmes elixidos pola mocidade de Compostela dentro do Ciclo de Cine ao Aire Libre resultado do proceso Compostela Decide de Orzamentos Participativos. O parque de Bonaval (na zona do cemiterio) acollerá a proxección deste filme de Peter Weir que, xunto con Annie Hall, Boyhood, Regreso ao futuro e Os mundos de Caroline, forman parte deste ciclo. A cita é a partir das 22:00 horas.

Circompostela 2017
O martes 18 de xullo vén tamén protagonizado pola Gala do Circo Compostelán, que se celebrará no parque de Belvís ás 22:30 horas. Este ano, os encargados de presentar o evento son Pablo Reboleiro, un acróbata de circo coñecido en Galicia por traballar como actor, malabarista e trapecista, entre outros labores , e Aitor Garauz.

Os artistas invitados son SincroNacidas, un grupo de clown, e Voltos de Rosca, que se ocupan de entreter os asistentes. Doutra banda, os números aéreos realizaranos Balbás e Trasno, que son uns grandes profesionais na materia. Tamén haberá actuacións de Break in Clan, mimos, equilibrios, malabares e moitas máis sorpresas para divertir a todo o público.

Terra da Fraternidade
A Praza da Quintana tamén acolle, a partir das 22 horas, o último concerto do Festival Terra da Fraternidade, unha das propostas destacadas da programación das festas do Apóstolo 2017, con varias propostas ata o 18 de xullo na praza da Quintana. Haberá artistas de Polonia, Mozambique, Ghana, Francia, Brasil, Etiopía, Colombia e Portugal, con cadansúa contraparte galega. Nesta ocasión remata cun concerto dos brasileiros Bixiga 70 e os galegos García Mc

Direcciones relacionadas



Compartir: