CENTROS SOCIOCULTURAIS

Jamila Purofilin chega este venres ao Centro Sociocultural de Santa Marta

06/07/2017 O Centro Sociocultural de Santa Marta acolle este venres o último dos concertos de Jamila Purofilin, dentro da colaboración entre o Concello de Santiago e a SGAE. A actuación comezará ás 20:00 horas, con entrada libre.

Jamila Purofilin pecha así unha serie de actuacións nos centros socioculturais de Compostela, enmarcadas no programa SGAE Actúa. A cantante cubana, asentada en Santiago, interpretará as cancións do seu proxecto Julio Cortázar Songs, que recibiu da Fundación SGAE en 2013 a Axuda para a creación de músicas populares, e que foi financiado con éxito pola plataforma Verkami. A canción "Save it pretty mama" integrou a banda sonora de RNE-Radio 3 para o Mundial de Fútbol de Brasil. O proxecto presentouse en Galicia en 2017 dentro do ciclo SGAE Actúa.

Jamila Purofilin chega ao CSC de Santa Marta despois de pasar polos centros de Conxo, Lavacolla e Vite.

Compartir: