EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Continúan as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Verán

06/07/2017 O CEIP Raíña Fabiola e o CEIP As Fontiñas acollen por segunda semana as actividades do Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017. A longo dos meses de xuño, xullo e setembro van a participar nesta iniciativa 204 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

Na primeira semana (do 26 ao 30 de xuño) a temática xirou ao redor do arte e, como pequenos/as artistas, os/as participantes realizaron actividades relacionadas coa pintura, a escultura e a música, aproximándose e coñecendo figuras representativas coma Vivaldi, Laxeiro, Leiro ou Van Gogh é as súas obras. Os nenos e nenas tamén tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro de música tradicional.

Compartir: