ALCALDÍA E DEPORTES

Recepción aos participantes da Carreira do Peregrino

23/06/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado de varios concelleiros e concelleiras da corporación recibiu aos membros da Carreira do Peregrino, un percorrido diferente dende Roncesvalles ata Santiago de Compostela.

Os integrantes da carreira realizaron a última etapa da mesma dende o Monte do Gozo ata chegar á Praza do Obradoiro. No Pazo de Raxoi foron recibidos polo alcalde e realizaron un intercambio de agasallos. O Concello recibiu un recoñecemento pola súa colaboración na celebración da proba, que consistiu nun trofeo da proba cedido polo Comité Olímpico e o Bordón do peregrino que tamén recibirán todos os participantes.

Compartir: