TURISMO
O número de peregrinos italianos segue tamén esta tendencia, cun crecemento constante que permitiu que no ano pasado marcasen un novo máximo, con 23.951. Dende o 2014, o número de peregrinos italianos supera os 20.000 cada ano. É a previsión é que estas cifras continúen crecendo nos vindeiros anos a medida que se achegue o Ano Santo 2021.
A zona norte de Italia é un dos mercados estratéxicos para Turismo de Santiago, por tres razóns complementarias: é a rexión máis poboada do país, e a rexión italiana e unha das rexións europeas máis desenvolvidas economicamente, e conta con dúas conexións anuais directas co aeroporto de Santiago, unha dende o aeroporto central de Milán, con Easyjet, e outra co aeroporto de Milán-Bérgamo, con Ryanair.
Turismo de Santiago promociona a cidade en Milán, Bolonia e Padua
10/05/2017 Turismo de Santiago participa esta semana nunha acción de promoción organizada pola Oficina Española de Turismo en Milán, que permitirá presentar a cidade aos profesionais do sector do norte de Italia. A acción desenvolverase nas cidades de Milán, Bolonia e Padua, tres das grandes cidades do norte italiano.
Nos últimos anos, Italia tense consolidado como o principal mercado emisor de turistas a Santiago. Segundo os últimos datos dispoñibles do INE, no ano 2015 os turistas italianos sumaron nos hoteis da cidade 77.587 pernoctacións, conseguindo o seu máximo histórico. A falta de datos oficiais do INE respecto do 2016, a estimación é que esta cifra se elevou ata preto das 100.000 pernoctacións.O número de peregrinos italianos segue tamén esta tendencia, cun crecemento constante que permitiu que no ano pasado marcasen un novo máximo, con 23.951. Dende o 2014, o número de peregrinos italianos supera os 20.000 cada ano. É a previsión é que estas cifras continúen crecendo nos vindeiros anos a medida que se achegue o Ano Santo 2021.