FACENDA

Oficina da Concellaría de Facenda para solucionar dúbidas coa regulación catastral

25/03/2017 A Concellaría de Facenda pon a disposición da cidadanía unha oficina especializada de atención ao contribuínte para atender as dúbidas xeradas en relación á regularización catastral.

A Dirección Xeral de Catastro está a facer unha regularización catastral en Santiago, dentro do marco do plan de regularización 2014-2017 e revisará aqueles inmobles que non están contribuíndo polo valor que deberían.

A Oficina ponse en marcha co obxectivo de informar a veciñanza deste proceso, a pesar de que non está impulsado polo Concello. Iso si, entende o Goberno local que é preciso poñer a disposición dos veciños e veciñas toda a información relativa ao mesmo. Tamén servirá de asesoramento no caso de que o veciño ou veciña considere que debe presentar alegacións. O horario de atención ao público é de 08:45 a 14:00 horas na rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo.

A veciñanza de Compostela ten dúas formas de pedir cita previa para acudir á Oficina, ben mediante o teléfono 881 599 977 en horario ininterrumpido de 8:00 a 20:00 horas ou ben a través das web municipal, dentro do epígrafe Transparencia/Relacións coa cidadanía/Contacto co Concello/Cita previa, seleccionando a opción "Catastro".

Ademais, o Goberno local vai cumprir o compromiso adquirido no proceso de negociación de orzamentos e todo o que se recade no rural con motivo desta regularización catastral será integramente repercutido no propio rural de Compostela.

Direcciones relacionadas



Compartir: