EDUCACIÓN

Máis de 300 nenos e nenas das Escolas Infantís Municipais participan nas sesións didácticas da man da Escola Municipal de Música

28/03/2017 O meu corpo é musical é o título das sesións didácticas que organiza a Escola Municipal de Música nas Escolas Infantís de San Roque, Tras-Parlamento, Tambre, Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños.

Teñen como obxectivo promover o achegamento da música ao seu alumnado. En cada xornada, dous profesores da EMM visitaron as escolas infantís e traballaron cos máis pequenos e as súas educadoras, as posibilidades que ten o seu corpo para facer música con él.

Durante a sesión, duns 40 minutos de duración, os nenos e nenas escoitaron a historia de Poli, un boneco que quería ser músico pero non tiña ningún instrumento que tocar. A través da súa procura, Poli descubrirá que non precisa de ningún instrumento para facer música, e que co seu propio corpo (as mans, as pernas, os pés, e mesmo coa voz) e empregando obxectos da vida cotiá é capaz de ordenar ritmos e sons e facer música con eles.

Nestas sesións, na que asistiron máis de 300 nenos e nenas de entre os 2 e os 3 anos, contaron coa participación da profesora de violín Loida Díaz, o profesor de percusión Antonio Ocampo, o profesor de violoncello Guillermo Alzugaray, e a profesora de etnomusicoloxía e Música e Movemento Beatriz Busto.

Escola Municipal de Música
Centro público adicado ao ensino musical, ten como obxectivo fomentar dende a infancia o coñecemento e a apreciación da música, iniciando os nenos e nenas dende as idades máis temperás na súa aprendizaxe. Na actualidade, están matriculados máis de 150 nenos e nenas, entre os 3 e os 7 anos, nas ensinanza de Música e Movemento, co que se persegue, cun tratamento pedagóxico específico, chegar a desenvolver a sensibilidade musical e o sentido rítmico a través da expresión vocal, instrumental e o movemento por medio do seu propio corpo.

No mes de abril, a EMM visitará os centros de educación primaria de Santiago co ciclo de concertos, que xa van pola súa 7º edición, Quen é Quen: os instrumentos que habitan na EMM, no que teñen previsto participar máis de 500 escolares.

Compartir: