ALCALDÍA

Concentración de repulsa polo atentado de Londres

23/03/2017 A Praza do Obradoiro acolleu este mediodía unha concentración de repulsa polo atentado que onte lle custou a vida a catro persoas en Londres.

O alcalde, Martiño Noriega, membros da corporación municipal e traballadores do Concello quixeron gardar un minuto de silencio en memoria das vítimas. Á concentración tamén se sumou o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño.

As bandeiras do Pazo de Raxoi ondearán a medio mastro ata o próximo día 25. O atentado de onte nas inmediacións de Westminster deixou catro mortos, incluído o agresor. Unha das vítimas é unha muller de 43 anos de nacionalidade británica pero de orixe galega.

Compartir: