MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA

Activado o dispositivo especial de xeadas por mor da baixada de temperaturas

22/03/2017 No operativo especial participan a Policía Local, os Bombeiros, Protección Civil e Urbaser.

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe da activación do dispositivo especial de xeadas, por mor da alerta laranxa decretada pola Xunta ante a baixada das temperaturas. Xan Duro explicou que neste operativo participan a Policía Local, os Bombeiros, Protección Civil e Urbaser.

O concelleiro explicou que a Policía Local foi reforzada para atender calquera incidencia que se produza por mor do mal tempo, e tamén "porque se prevén problemas de tráfico no horario de saída dos colexios por mor da suspensión do transporte escolar".

En canto aos Bombeiros, haberá un retén en alerta por se fora necesario, mentres que Protección Civil mantén operativo un retén cunha ducia de voluntarios. Por último, Urbaser ten preparadas varias toneladas de sal, por se fora preciso esparexalo polos viarios do municipio nesta madrugada. Xan Duro explicou que o dispositivo especial de xeadas "contempla varios niveis de intervención, e tamén establece cales son os puntos da rede viaria que poden ser máis conflitivos en caso de xeadas". A prioridade, apuntou, son as zonas sombrías e as pendentes máis pronunciadas.

Compartir: