POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE

As II Xornadas sobre diversidade sexual a educación reflexionan sobre a transexualidade

17/03/2017 O Concello colabora nas II Xornadas sobe diversidade sexual na educación, que se celebran este venres co lema "Unha oportunidade para transformar a sociedade" e organizadas pola Facultade de Ciencias da Educación. As persoas interesadas poden seguir en directo a retransmisión destas xornadas.

A inauguración das Xornadas contou coa presenza da concelleira de Políticas Socias, Concha Fernández, do vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira; da decana da Facultade, Carmen Fernández; do presidente da Asociación Amizando, Andrés Domínguez; e do coordinador da Asociación Ultreia, Alberto Hernández .

Despois do acto de apertura, unha mesa interxeracional abriru o debate sobre "Vidas vivibles, experiencias de xénero disidentes: a revolución trans", coa participación de Kim Pérez (por videoconferencia), Laura Bugalho, Sara Romero e Hugo Pérez, Pablo San José, moderados/as por Carmen Fernández. Seguiralle un relatorio sobre "Acompañamento versus patoloxización: experiencia Tránsit", da man de Rosa Almirall, xinecóloga e cofundadora de Tránsit, e de Soraya Vega, psicóloga e integrante de Tránsit.

A xustiza ante o dereito a ser foi é tema que dará continuidade á xornada pola tarde, a partir das 16:30 horas. Tomarán a palabra o xurista e investigador da USC Miguel Vieito, profesional encargado de redactar a solicitude que permitiu modificar o sexo e nome do primeiro menor trans galego; a avogada Pilar García, que aludirá ao acoso escolar neste ámbito; e María Lucía Girón, da Fiscalía Provincial de Lugo, moderados pola valedora do Pobo, Milagros Otero.

Na clausura desta xornada, ás 18:30 horas, intervirán a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a valedora do Pobo, Milagros Otero; a vicepresidente da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e a decana Carmen Fernández.

Compartir: