POLÍTICAS SOCIAIS

Entregados os diplomas do programa "Compostela Convive" de inclusión social

16/03/2017 O edificio Cersia acolleu a entrega de diplomas do programa Compostela Convive de inclusión social, que organiza a Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde. Foron seis as persoas que recibiron este recoñecemento de mans da concelleira Concha Fernández e do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández.

O obxectivo desta iniciativa era dotar de recursos para a busca activa de emprego a persoas con especial necesidade, como poboación en risco de exclusión social ou inmigrante. Entre as actividades do programa destacou a primeira edición do Festival Intercultural, que se celebrou o pasado mes de setembro na Alameda, cun grande éxito de participación. Celebráronse diversas actividades dirixidas a fomentar a interculturalidade e a integración das persoas inmigrantes no Concello de Santiago, con degustación de comidas típicas de República Dominicana, Paraguai, Colombia, Ecuador, Perú, Venezuela, Senegal, Galicia, etc.

O programa incluíu un total de catro actividades que tiñan como obxectivo formar, tanto a nivel individual como colectivo, na busca activa de emprego. Para iso tomáronse como referencia as conclusións da Plataforma polo Emprego, composta por asociacións e entidades de carácter social que traballan para buscar fórmulas dirixidas a mellorar a inserción e a integración sociolaboral de persoas e colectivos en risco de exclusión social.

Máis propostas
Compostela Convive continuou con máis actividades ao longo de 2016. Houbo titorías personalizadas para o apoio na busca de emprego, dirixidas a persoas desempregadas, en especial, á poboación inmigrante. O persoal técnico do programa asesorou sobre a elaboración do curriculum vitae, mellora das habilidades sociais, orientación sobre os empregos preferentes aos que se pode optar segundo o perfil…

Compartir: