MEDIO AMBIENTE

O CIAC organiza as xornadas "Auga en Compostela" en colaboración con Viaqua

15/03/2017 Nas tardes de venres deste mes de marzo, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIÇAC), en Belvís, propón un achegamento a coñecer de preto o ciclo da auga en Santiago. Será nunhas xornadas en colaboración con Viaqua que levan por titulo "Auga en Compostela".

A través das actividades programadas, os/as participantes terán a ocasión de coñecer de onde vén a auga que chega as nosas billas e como hai que tratala antes e despois de pasar polos nosos fogares, así como as implicacións que estes procesos teñen. Tamén poderán descubrir máis sobre os nosos consumos de auga cunha interesante charla.

O venres 17, de 17:00 a 18:30 horas, realizarase unha visita á potabilizadora do Tambre e, o sábado 31, no mesmo horario, á depuradora de Aríns. En ambas visitas está incluído o transporte dende o propio CIAC.

No venres intermedio, o 24 de marzo, celebrarase a charla "A pegada hídrica", a cargo de Yago Lorenzo, de Cetaqua. Será tamén de 17:00 a 18:30 horas.

A participación nas xornadas é de balde, se ben o aforo é limitado, polo que é preciso inscribirse a través do teléfono 981 543 145, da dirección electrónica ciac@santiagodecompostela.gal ou deste formulario.

Compartir: