CONVIVENCIA

Nova zona de residentes na praza do Irmán Gómez

20/02/2017 A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia comunica a aprobación provisoria dunha nova zona de estacionamento de residentes no Casco Histórico, na praza do Irmán Gómez, co mesmo réxime que o resto das zonas de semellantes características, regulado no artigo 35 da Ordenanza Municipal de Circulación e Uso da Vía Pública.

Os residentes que acceden ao Casco Histórico pola rúa Cardeal Paya, empadroados nunha das rúas ás que teñen que acceder por esa porta de acceso e que abonen o imposto de circulación do vehículo nesas rúas, poderán solicitar no Rexistro do Concello a Tarxeta de Residente, que lles dará o dereito a poder estacionar pola noite nalgún dos lugares destinados a tal fin.

Compartir: