XUNTA DE GOBERNO

Adxudicada a reparación da marquesiña de Xoán XXIII

17/02/2017 A Xunta de Goberno adxudicou hoxe a reparación urxente a acometer na marquesiña de vidro da avenida de Xoán XXIII. Dos traballos, que custarán 45.272,15 euros, encargarase a empresa Vidrotex Soluciones Integrales SL, que ten un prazo de dez días para asinar o contrato e despois iniciar os traballos.

O concelleiro Xan Duro, encargado de dar conta hoxe dos acordos da Xunta de Goberno, explicou que a actuación necesaria "vai máis alá do arranxo dos cristais rotos por mor do temporal, senón que será preciso substituír parafusos, xuntas e outros elementos, para garantir a seguridade da estrutura". O edil mostrouse confiado en que os traballos poidan comezar nun máximo de dúas semanas.

Requirimento ao Ministerio de Fomento
A Xunta de Goberno de hoxe tamén acordou requirirlle ao Ministerio de Fomento o arranxo dos pavimentos doas vías de servizo da estrada N-550, ao seu paso polas parroquias de Enfesta e Marantes. Xan Duro lembrou que esta solicitude xa lle fora remitida ao Goberno estatal no ano 2013, sen éxito,. Ao mesmo tempo, a Xunta de Goberno informará ao Ministerio de Fomento da existencia de fochancas na SC-20, nos accesos de entrada e saída da Avenida de Lugo ao Periférico, nas inmediacións do muro do Seminario. No mesmo tramo, dependente de Fomento, existe un problema coa evacuación de pluviais que orixina bolsas de auga estancadas que constitúen un perigo para a circulación.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: