CONVIVENCIA

A Policía Local busca a un condutor que se deu á fuga tras provocar un accidente na avenida de Barcelona

15/02/2017 A Policía Local busca a un condutor que se deu á fuga tras provocar un accidente na avenida de Barcelona, a semana pasada.

O sinistro, unha colisión entre dous vehículos, tivo lugar o 9 de febreiro, en torno ás 10:45 da mañá, e saldouse cunha persoa ferida leve e con cuantiosos danos materiais. O accidente foi provocado por un Wolskwagen Polo de cor vermella, que se fugou do lugar dos feitos. A Policía Local está analizando as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade dalgúns locais próximos, e confía en dar moi pronto co titular do vehículo implicado.

Compartir: