ALCALDÍA

O alcalde recibe unha representación de Special Olympics Galicia

15/02/2017 O alcalde, Martiño Noriega, recibiu esta mañá a unha delegación de Special Olympics Galicia, formada polo seu xerente, Antonio Fuentaja; a súa directora técnica, Eunice Mosquera, e o seu tesoureiro, Javier García. Foi un encontro solicitado pola entidade, para lle presentar ao rexedor a memoria de actividades do ano 2016 e solicitar a colaboración do Concello para as actividades que están organizando de cara a este ano.

En concreto, os responsables de Special Olympics Galicia déronlle conta ao alcalde da organización dos Xogos Autonómicos de Atletismo, que se celebrarán en maio, e das Marchas Ciclistas Unificadas de Galicia, previstas para finais de setembro. Martiño Noriega comprometeuse a estudar as posibles vías de colaboración para os dous eventos, cos que o Concello xa ven cooperando nos últimos anos.

Compartir: