TURISMO

Turismo de Santiago amosa a cidade a profesionais turísticos de Taiwán

10/02/2017 Turismo de Santiago recibiu esta semana un grupo de oito touroperadores e axentes de viaxes de Taiwán, que están visitanto o norte de España, convidados por Tumlare, axencia maiorista española especializada nos mercados asiáticos. O obxectivo da visita era amosar as posibilidades do destino para comercializar rutas pola España Verde, incluíndo a Santiago.

Taiwán é un mercado residual en Santiago, con apenas turistas e visitantes. Non obstante, nos últimos anos estase producindo un crecemento constante no número de peregrinos de Taiwán, o que indica que o interese pola cidade está crecendo no país asiático e pode converterse nun mercado relevante nos próximos anos, xa que se trata dun mercado emerxente cun gasto medio elevado.

Entre o Ano Santo 2004 e o 2009, a cidade a penas recibiu peregrinos de Taiwán. O ano cun maior número foi o 2006, no que chegaron 14. No Ano Santo 2010 chegaron 27. A partires de aí comezou un crecemento constante, que se acelerou no último par de anos, pasando de 97 persoas en 2014 a 340 en 2016.

Compartir: