POLÍTICAS SOCIAIS

Concha Fernández reúnese coa Mesa Estatal Pro-Referendum das Pensións

09/02/2017 A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, mantivo un encontro esta mañá coa Mesa Estatal Pro-Referendum das Pensións, unha entidade que naceu en 213 co obxectivo de promover unha reforma constitucional que inclúa a prohibición de que calquera goberno poida tocar ou privatizar o Sistema Público de Pensións.

A Mesa Estatal Pro-Referéndum das Pensións (MERP) chama a promover e impulsar a recollida de sinaturas, o debate, a reflexión e a participación maioritaria da sociedade neste asunto. Concha Fernández atendeu estas reivindicacións e sumouse ás peticións da Mesa.

Compartir: