ESPAZOS CIDADÁNS

Aberta ao tráfico dende este luns a avenida de Coímbra

23/01/2017 Este mediodía quedou aberta ao tráfico a avenida de Coímbra, despois das obras de reforma que se executaron na rúa dende finais de outubro. Os traballos, financiados con cargo aos remanentes dos presupostos de 2015, contaron cun orzamento de 60.434,24 euros, IVE incluído.

A avenida de Coímbra sufrira un importante deterioro debido a que fora utilizada para desviar a circulación durante as obras de reurbanización da rúa dos Basquiños. Isto provocara danos no pavimento da calzada, con descontinuidades no plano de rodaxe que supoñían un risco para a seguridade viaria e un incremento do ruído ambiental. Así, a presión do tráfico durante as obras de Basquiños motivara o afundimento das bandas de chapacuña da rúa e a rotura das lousas de formigón, especialmente nos bordes e nas zonas de reposición de gabias que foron executadas de xeito inadecuado, sen respectar a estrutura e o deseño orixinal da avenida.

As obras permitiron recolocar as bandas de chapacuña existentes e renovar boa parte das súas pezas. Tamén se repuxeron as lousas de formigón deterioradas e substituíronse e niveláronse as tapas, marcos de arquetas, reixas e marcos de sumidoiros que lle afectaban ao plano de rodaxe.

Compartir: