NADAL 2016

A concelleira Noa Morales participa nos xogos tradicionais da praza Roxa

28/12/2016 A concelleira de Deporte, Noa Morales, achegouse esta mañá pola carpa da praza Roxa para participar nos xogos tradicionais que a Asociación de Xogos Tradicionais organiza conxuntamente co Concello para goce de pequenos/as e maiores.

Alí, durante toda esta semana en horario de 11:00 a 14:00 horas, haberá xogos como a mariola, a chave, o tres en raia, a peonza, a ra ou os bolos… Hai tamén previstos premios para as persoas que participen. Trátase dunha iniciativa que pretende recuperar este tipo de xogos na cidade e, sobre todo, que os máis pequenos e pequenas descubran a súa potencialidade.

Compartir: