ALCALDÍA

O alcalde felicitou o Nadal ao persoal municipal e aos xubilados/as neste 2016

22/12/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu a tradicional recepción de Nadal aos traballadores e traballadoras do Concello e dos diferentes organismos autónomos e empresas públicas vinculados ao mesmo. Ademais, este ano fíxose coincidir este acto coa tradicional entrega de placas ás persoas xubiladas en 2016, de xeito que puideron recibir a homenaxe dos compañeiros e compañeiras cos que compartiron tantos anos.

Tras a intervención do alcalde, realizouse a entrega de placas ás dez persoas xubiladas neste 2016: Manuel Barbazán Gómez, auxiliar de recadación; Ángel Paz Mediavilla, bombeiro-condutor; Manuel Balsa García, bombeiro-condutor; Severo Barros Lema, policía local; Alfonso Seoane Marante, oficial de asfaltos; Manuel Liste González, bombeiro-condutor; José Antonio Mosquera Rodríguez, encargado da Brigada de Parques e Xardíns; Mª Carmen Martínez da Costa, auxiliar administrativa do Departamento de Tráfico; Juan Jesús Fernández Ferreiro, encargado da Brigada de Vías e Obras; e Ángeles Botas Piñón, asistente social.

Compartir: