ALCALDÍA

Homenaxe a José Germán Fernández, alcalde accidental de Santiago

03/12/2016 O Cemiterio de Boisaca acolleu un acto de homenaxe e lembranza a José Germán Fernández, quen fora alcalde accidental de Santiago de Compostela en 1936, ao cumprirse 80 anos do seu fusilamento, o 3 de decembro dese ano, nese mesmo lugar.

No acto descubriuse unha placa que lembra a "José Germán Fernández e aos demais membros do Comité de Defensa da República, que ofrendaron a súa vida, segada na cruel represión do Golpe de Estado de 1936". Tamén se realizou unha ofrenda floral, rematando a cerimonia coa interpretación do Himno Galego.

A homenaxe, presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, contou coa presenza de familiares de José Germán Fernández e de integrantes da actual e de anteriores corporacións municipais.

Compartir: