ALCALDÍA

O alcalde visita o mercado solidario da Asociación Española contra o Cancro

01/12/2016 O alcalde participou hoxe na inauguración do terceiro mercado solidario organizado pola Asociación Española contra o Cancro de Santiago, na sede da Fundación Granell. Martiño Noriega quixo arroupar neste acto á presidenta e ao vicepresidente da entidade, Luz Hernández e Antonio Guerrero, así como á madriña do evento, a actriz Ana Turpin.

O mercado solidario da Asociación Española contra o Cancro poderase visitar ata o próximo sábado e conta coa colaboración da tenda Mariana de Bertamiráns, do Café-Bar La Flor e de Rebeca Senra. Nel pódense atopar diferentes artigos como artesanía, xoguetes ou bixutería. Ademais, en cada xornada do mercado haberá actividades paralelas, como charlas ou recitais.

Compartir: