PATRIMONIO

Aberto o concurso "Nadal nas Cidades Patrimonio"

01/12/2016 Coa chegada do Nadal, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convida aos seus seguidores nas redes sociais a participar no concurso Nadal nas Cidades Patrimonio. As persoas participantes poden gañar unha noite nun Parador de Turismo das Cidades Patrimonio.

Os/as interesados/as deben realizar unha fotografía relacionada coa celebración do Nadal nalgunha das 15 cidades Patrimonio da Humanidade de España (Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda) e utilizar a etiqueta #NavidadPatrimonio en Facebook, Twitter ou Instagram.

Poderán participar no concurso las persoas físicas maiores de 18 años e que sexan fans das páxinas do GCPHE nas redes citadas. É obrigatorio enviar un correo electrónico cos datos de contacto do participante (nome, dirección e teléfono) a redes@ciudadespatrimonio.org. O concurso comeza este 1 de decembro e finalizará o 6 de xaneiro de 2017 ás 24:00 horas.

O nome do gañador ou gañadora do concurso darase a coñecer ao longo do mes de febreiro. Terá como premio unha noite de aloxamento en habitación dobre con almorzo nun dos Paradores de Turismo das Cidades Patrimonio.

Direccións relacionadas



Compartir: