MEDIO AMBIENTE

Horarios de depósito e recollida do lixo

18/10/2016 A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia informa sobre os horarios de depósito e recollida do lixo:

1.- Fraccións resto: Os residuos domiciliarios deberanse colocar nos colectores da vía pública para a súa recollida polo servizo municipal a partir das 21:00 horas, nos días en que se realice a recollida consonte o estabelecido no parágrafo seguinte:

- A recollida dos residuos polo servizo municipal realizarase todos os días da semana, exceptuando domingos e festivos. Nas rúas do Ensanche e do Casco Histórico tamén se realizará recollida os domingos e festivos, exceptuando o 24 e o 31 de decembro e o día 3 de novembro, festividade de San Martín de Porres. Nas parroquias e núcleos rurais a recollida realizarase en días alternos. O Concello poderá estabelecer horarios especiais en virtude de convenios de colaboración con determinados sectores ou colectivos.

2.- Fraccións de papel-cartón, vidro, envases e pilas: O papel-cartón poderá depositarse a calquera hora do día nos colectores específicos dispostos na vía pública para este fin. O vidro poderá depositarse ao longo do día, entre as 8:00 e as 22:00 horas, nos colectores específicos situados na vía pública para esta tipoloxía de residuos.

Compartir: