CONVIVENCIA

Cambios de tráfico na travesía de Tras Santa Clara

04/11/2016 O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, anunciou hoxe algunhas modificacións que lle afectan ao tráfico na travesía de Tras Santa Clara. A partir do próximo luns, eliminarase un carril deste viario, polo que só se poderá circular en dirección subida.

O obxectivo da medida é gañar unha nova área de aparcamento de residentes, para compensar a supresión de espazos para estacionar na rúa Escultor Asorey, por motivos de seguridade. Ao mesmo tempo, habilitaranse tres prazas de parada de dez minutos, para que sexan utilizadas polas nais e pais da escola infantil próxima.

Compartir: