ACCIÓN CULTURAL

Ábrese o prazo para a viaxe ao Allentejo portugués do programa "Imos de excursión"

11/10/2016 Este vindeiro xoves,13 de outubro, a partir das 17:00 horas, abrirase o prazo de inscrición para a próxima excursión do programa municipal Imos de Excursión 2016. Nesta ocasión, a visita de tres días, do 29 ao 31 de outubro, é a Portugal, á rexión do Allentejo-Litoral.

Os participantes estarán na Arrábida, con visitas ao seu parque natural e á zona conventual incluídas no prezo. Tamén pasarán por Almada e a Costa da Caparica, visitando castelos, santuarios e xardíns.

O prezo desta excursión de tres días é de 149 euros, nos que vai incluída a pensión completa e guía local en cada visita, ademais de guía acompañante durante toda a viaxe.

Máis información nos centros socioculturais.

Documentos relacionados



Compartir: