ALCALDÍA E EDUCACIÓN

O alcalde recibe o alumnado do colexio alemán Carl Benz Gymnasium

28/09/2016 O alcalde recibiu hoxe, no salón nobre do Pazo de Raxoi, os alumnos e alumnas do colexio alemán Carl Benz Gymnasium, de Ladenburg (vila situada ao norte do Estado de Baden-Württemberg, no val do alto Rin.), que están en Compostela participando nun intercambio co Colexio Manuel Peleteiro. No acto participaron as profesoras que viaxaron co estudantado xermano, e o director do centro compostelán, Luis Peleteiro.

Martiño Noriega fíxolle entrega dun agasallo aos representantes do colexio de Ladenburg, en concreto unha lámina da Catedral vista dende a Alameda, e un exemplar do libro Santiago Ilustrado. Este volume tamén lle foi entregado ao director do Peleteiro. O alcalde tamén exerceu de guía para os estudantes, que puideron coñecer os distintos salóns do Pazo de Raxoi, incluído o salón de plenos. No acto participaron uns 30 alumnos e alumnas do Colexio Carl Benz Gymnasium e do Manuel Peleteiro.

Compartir: