MOCIDADE

Comeza o ciclo Cine Espallado coa participación da actriz Nerea Barros

27/09/2016 Mañá mércores bota a andar o ciclo Cine Espallado, unha iniciativa do Colectivo Barriopía financiada polo Concello de Santiago a través do programa piloto dos Orzamentos Participativos 2015, na área de Mocidade.

A primeira proxección será na parroquia de Aríns. A actriz compostelá Nerea Barros, gañadora do premio Goya á mellor actriz revelación en 2014, será a encargada de presentar o filme Relatos salvajes, unha película arxentina dirixida por Damián Szifrón e cun reparto no que figuran Ricardo Darín, Darío Grandinetti, Leonardo Sbaraglia e María Onetto, entre outros grandes nomes da interpretación.

7 películas en 7 parroquias
A proxección de Aríns será a primeira dunha serie de sete, noutras tantas parroquias compostelás. O ciclo Cine Espallado chegará tamén neste outono a Villestro, Marrozos, Lavacolla, A Peregrina, Figueiras e Vista Alegre, co obxectivo de descentralizar a oferta cultural de Compostela e animar aos veciños do ámbito urbano a coñecer o rural do municipio a través do cine. Cada unha das proxeccións, todas elas de balde, será presentada por un persoeiro de Santiago.

Compartir: